
Zespri
Novembro 17, 2025GLOBALINGUA
CASOS DE
ÉXITO
RETO
BREEAM ES adapta ao mercado español a primeira metodoloxía de construción sostible do mundo e a máis utilizada en Europa. Nesta ocasión, afrontábamos a tradución ao español de máis de 450 páxinas de documentación técnica relacionada co sector da construción e a arquitectura sostible.
O proxecto esixía coherencia terminolóxica ao facer referencia a normas ISO e manuais técnicos previos que demandaban o uso dun estilo redaccional propio. Ademais, tamén foi preciso traducir un glosario específico que, pola súa vez, requiría validación e coordinación cun terceiro interlocutor encargado de supervisar e resolver dúbidas durante o proceso.
SOLUCIÓN
Globalingua deseñou un fluxo de traballo específico para abordar a documentación técnica: asignaron un equipo de tradutores especializados ao noso proxecto, estableceron un sistema de entregas parciais para recibiren o noso feedback en tempo real e traballaron a terminoloxía técnica de forma rigorosa, consultando normas ISO e outros manuais de BREEAM ES a modo de referencia.
A comunicación constante coa persoa responsable do proxecto foi clave para tomar decisións informadas e manter o control de calidade en todo momento.
RESULTADO
Recibimos unha tradución coherente, adaptada ao noso estilo corporativo e aliñada cos estándares da certificación BREEAM. As entregas parciais permitiron axustar o traballo ás nosas necesidades e o glosario terminolóxico resultante converteuse nun activo reutilizable para futuros proxectos.
Por que Globalingua?
Vantaxes para os teus proxectos
- Máis de 35 linguas
- Tecnoloxía líder en tradución
- Coñecemento do sector
- Terminoloxía exacta
- Adaptación cultural
Vantaxes para ti
- Solución personalizada
- Aforro de tempo e recursos
- Rapidez e puntualidade
- Honestidade e transparencia
- Confidencialidade












