ASESORAMENTO CULTURAL
Asesoría cultural para empresas: aumenta as túas vendas adaptando a túa marca a cada mercado.
Para vender noutros países, non chega con traducir contidos: é preciso que entendas como pensa, negocia e reacciona o teu público obxectivo. Para iso, debes coñecer e comprender as convencións culturais básicas, os protocolos en reunións e mesmo os seus tempos de resposta.
En Globalingua acompañámoste para que a túa marca conecte de forma efectiva no país de destino coa estratexia multilingüe adecuada.
Combinamos asesoría cultural, comunicación estratéxica e formación intercultural para che axudar a:
- Evitar erros culturais que poden danar a túa reputación ou frear as túas vendas.
- Adaptar a túa web, contidos, materiais e canles de venda ás expectativas locais.
- Prepararte para reunións profesionais e negociacións internacionais, ou mesmo acompañarte se o precisas.
- Preparar o teu equipo con formación en idiomas adaptada ao teu sector e en competencias multiculturais.
- Crear o teu contido multilingüe.
Estamos aquí para che dar a información e o contexto que marcarán a diferenza.
Solicita o teu diagnóstico gratuíto
Descubre cal é o teu nivel de madurez en internacionalización
Reserva unha breve chamada de 15 minutos para valorarmos o voso punto de partida e elaborarmos unha guía de acción de aplicación inmediata. Descubrirás puntos fortes e áreas de mellora na túa comunicación e estratexia internacional.

















