Globalingua

Aviso legal

1. Información xeral


En cumprimento co deber de información disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI-CE), do 11 de xullo, facilítanse a continuación os seguintes datos de información xeral deste sitio web:

A titularidade deste sitio web, globalingua.eu, (en diante, Sitio Web) posúea:

Representante: GLOBALINGUA TRANSLATION SL
NIF: B70464888
Enderezo: RÚA VOLUNTARIADO, 3 - PISO 2 OFICINA 41 - 15003 A CORUÑA
Teléfono de contacto: 699 016 773


2. Termos e condicións xerais de uso

O Sitio Web:

O obxecto das presentes Condicións Xerais de Uso (en diante, Condicións) é regular o acceso e a utilización do Sitio Web. Para os efectos das presentes Condicións, entenderase como Sitio Web: a aparencia externa das interfaces de pantalla, tanto de forma estática coma de forma dinámica, isto é, a árbore de navegación; todos os elementos integrados tanto nas interfaces de pantalla coma na árbore de navegación (en diante, Contidos) e todos aqueles servizos ou recursos en liña que, se for o caso, ofreza aos Usuarios (en diante, Servizos).

GLOBALINGUA TRANSLATION SL reserva a facultade de modificar, en calquera momento e sen aviso previo, a presentación e configuración do Sitio Web e dos Contidos e Servizos que nel puidesen estar incorporados. O Usuario recoñece e acepta que en calquera momento GLOBALINGUA TRANSLATION SL poida interromper, desactivar e/ou cancelar calquera destes elementos que se integran no Sitio Web ou o acceso a eles.

O Usuario:

O acceso, a navegación e o uso do Sitio Web confire a condición de Usuario, polo que se aceptan, desde que se inicia a navegación polo Sitio Web, todas as Condicións aquí establecidas, así como as súas ulteriores modificacións, sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa legal de obrigado cumprimento segundo o caso. Dada a relevancia do anterior, recoméndase ao Usuario lelas cada vez que visite o Sitio Web.

O Sitio Web de GLOBALINGUA TRANSLATION SL proporciona gran diversidade de información, servizos e datos. O Usuario asume a súa responsabilidade para realizar un uso correcto do Sitio Web. Esta responsabilidade estenderase a:

Un uso da información, Contidos e/ou Servizos e datos ofrecidos por GLOBALINGUA TRANSLATION SL que non sexa contrario ao disposto polas presentes Condicións, a lei, a moral ou a orde pública, ou que de calquera outro modo poida supoñer unha lesión dos dereitos de terceiros ou do mesmo funcionamento do Sitio Web.

A veracidade e licitude das informacións fornecidas polo Usuario nos formularios proporcionados por GLOBALINGUA TRANSLATION SL para o acceso a certos Contidos ou Servizos ofrecidos polo Sitio Web. En todo caso, o Usuario notificará de forma inmediata a GLOBALINGUA TRANSLATION SL acerca de calquera feito que permita o uso indebido da información rexistrada nos ditos formularios, tales coma, pero non só, o roubo, extravío ou o acceso non autorizado a identificadores e/ou contrasinais, co fin de proceder á súa inmediata cancelación.

O mero acceso a este Sitio Web non implica establecer ningún tipo de relación de carácter comercial entre GLOBALINGUA TRANSLATION SL e o Usuario.


3. Acceso e navegación no sitio web: exclusión de garantías e responsabilidade


GLOBALINGUA TRANSLATION SL non garante a continuidade, dispoñibilidade e utilidade do Sitio Web nin dos Contidos ou Servizos. GLOBALINGUA TRANSLATION SL fará todo o posible polo bo funcionamento do Sitio Web; porén, non se responsabiliza nin garante que o acceso a este Sitio Web vaia ser ininterrompido ou que estea libre de erro.

Tampouco se responsabiliza ou garante que o contido ou software a que poida accederse a través deste Sitio Web estea libre de erro ou non cause un dano ao sistema informático (software e hardware) do Usuario. En ningún caso, GLOBALINGUA TRANSLATION SL será responsable polas perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que xurdan polo acceso, navegación e o uso do Sitio Web, incluíndose, pero non só, os causados aos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus.

GLOBALINGUA TRANSLATION SL tampouco se responsabilizará dos danos que puidesen causarse aos usuarios por un uso inadecuado deste Sitio Web. En particular, non se responsabiliza de modo ningún das caídas, interrupcións, falta ou defecto das telecomunicacións que puidesen ocorrer.

4. Política de ligazóns

GLOBALINGUA TRANSLATION SL non ofrece nin comercializa por si nin por medio de terceiros os produtos e/ou servizos dispoñibles nos sitios vinculados.

O Usuario ou terceiro que realice un hipervínculo desde unha páxina web doutro sitio web distinto do Sitio Web de GLOBALINGUA TRANSLATION SL deberá saber que:

Non se permite a reprodución —total ou parcial— de ningún dos Contidos e/ou Servizos do Sitio Web sen autorización expresa de GLOBALINGUA TRANSLATION SL.

Non se permite tampouco ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Sitio Web de GLOBALINGUA TRANSLATION SL nin sobre os seus Contidos e/ou Servizos.

Con excepción do hipervínculo, o sitio web en que se estableza tal hiperligazón non conterá ningún elemento deste Sitio Web, protexido como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, salvo autorización expresa de GLOBALINGUA TRANSLATION SL.

O establecemento do hipervínculo non implicará a existencia de relacións entre GLOBALINGUA TRANSLATION SL e o titular do sitio web desde o cal se realice, nin o coñecemento e aceptación de GLOBALINGUA TRANSLATION SL dos contidos, servizos e/ou actividades ofrecidos no dito sitio web, e viceversa.

5. Propiedade intelectual e industrial

GLOBALINGUA TRANSLATION SL, por si ou como parte cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do Sitio Web, así como dos elementos contidos nel (a título enunciativo e non exhaustivo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos, marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso etc.). Serán, por conseguinte, obras protexidas como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, séndolles aplicables tanto a normativa española e comunitaria neste campo coma os tratados internacionais relativos á materia e subscritos por España.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto na Lei de propiedade intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta á disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de GLOBALINGUA TRANSLATION SL.

O Usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial de GLOBALINGUA TRANSLATION SL. Poderá visualizar os elementos do Sitio Web ou mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, exclusivamente, para o seu uso persoal. O Usuario, no entanto, non poderá suprimir, alterar ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado no Sitio Web.

No caso de que o Usuario ou terceiro considere que calquera dos Contidos do Sitio Web supoña unha violación dos dereitos de protección da propiedade intelectual, deberá comunicalo inmediatamente a GLOBALINGUA TRANSLATION SL a través dos datos de contacto da sección de INFORMACIÓN XERAL deste Aviso Legal e Condicións Xerais de Uso.


6. Accións legais, lexislación aplicable e xurisdición

GLOBALINGUA TRANSLATION SL reserva a facultade de presentar as accións civís ou penais que considere necesarias pola utilización indebida do Sitio Web e Contidos, ou polo incumprimento das presentes Condicións.

A relación entre o Usuario e GLOBALINGUA TRANSLATION SL rexerase pola normativa vixente e de aplicación no territorio español. Se xurdise calquera controversia en relación coa interpretación e/ou a aplicación destas Condicións, as partes someterán os seus conflitos á xurisdición ordinaria someténdose aos xuíces e tribunais que correspondan conforme o dereito.


7. Compromiso do comerciante

Este comerciante comprométese a non permitir ningunha transacción que sexa ilegal ou que as marcas de tarxetas de crédito ou o banco adquirente consideren que poida danar a boa vontade dos mesmos ou influír de maneira negativa neles. As seguintes actividades están prohibidas en virtude dos programas das marcas de tarxetas: a venda ou oferta dun produto ou servizo que non sexa de plena conformidade con todas as leis aplicables ao Comprador, Banco Emisor, Comerciante, Titular da tarxeta ou tarxetas.

Ao aceptar as Condicións Xerais, vostede declara que é maior de idade e ten plena capacidade de obrar.