MÁRKETING E PUBLICIDADE

Para chegares aos teus clientes noutros países, é fundamental adaptar o teu contido á súa lingua e cultura. Comunicarte de forma eficiente e clara é esencial para te diferenciares.

Precisas tradutores nativos e tecnoloxía líder en tradución para levar o teu negocio ao seguinte nivel. Tes pensado que unha boa tradución pode ser a peza chave?

Axudámosche en todo tipo de proxectos:

Sitios web, blogs e newsletters
Portais de comercio electrónico e descricións de produtos
Comunicacións de prensa, presentacións corporativas
Formularios e enquisas en liña
SEO: key, words, meta descriptions, meta titles
Material publicitario, campañas, anuncios
Folletos, slogans
Publicacións en redes
Transcrición, subtitulación e dobraxe de vídeos promocionais ou publicitarios

Por que Globalingua é o aliado perfecto?

Deseñamos solucións completas para poderes adaptar a túa mensaxe a unha cultura, un público ou un idioma específico.

Localización, transcreación, SEO, tradución audiovisual… Asesorarémoste e acompañarémoste en todo o proceso ofrecéndoche unha solución completa personalizada.

Ti poderás centrarte en continuar construíndo a túa marca. Nós levarémola intacta a calquera lugar do mundo.

Aforra tempo e recursos

Diminúe os teus custos e mellora os teus resultados cun aliado en tradución profesional que impulse o teu crecemento internacional.

Para saberes como os nosos servizos poden impulsar o teu éxito, chámanos ou escríbenos un correo:

Que pensan os nosos clientes?

Rowanstudio

Recientemente confiamos en Globalingua para la traducción de varios textos del español al holandés y quedamos muy satisfechos con el resultado. Desde el primer momento, el trato fue cercano y profesional. Nos ofrecieron un servicio ágil, cuidando cada detalle y respetando completamente los plazos acordados.

Lo que más valoramos fue la calidad de la traducción: no solo fue precisa, sino que supieron mantener el tono y la intención original del contenido, algo que no siempre es fácil de lograr. Se nota que trabajan con traductores nativos y con experiencia.

Sin duda, volveríamos a trabajar con ellos. Es una tranquilidad saber que puedes contar con un equipo así cuando necesitas traducciones bien hechas.
 

Andrea Goncalves

Increíble este servicio, son ágiles, super profesionales, respuesta rápida.. Mucha amabilidad y disposición a encontrar fórmulas de trabajo cómodas para ambas partes! De mis mejores proveedores hasta la fecha!
Mil gracias


Por que Globalingua?

Vantaxes para os teus proxectos

  • Máis de 35 linguas
  • Tecnoloxía líder en tradución
  • Coñecemento do sector
  • Terminoloxía exacta
  • Adaptación cultural


Vantaxes para ti

  • Solución personalizada
  • Aforro de tempo e recursos
  • Rapidez e puntualidade
  • Honestidade e transparencia
  • Confidencialidade

Tranquilidade ante todo:
Non che pediremos os datos de pago nin tarxeta de crédito. Os teus datos persoais non se empregarán para enviar publicidade, boletíns nin campañas de márketing. Non recibirás correos non desexados nin serás engadido a ningunha lista. Só empregaremos a túa información para responder á túa consulta ou facilitarche o que solicitaches, nada máis.