SECTOR ALIMENTARIO

A chave para chegares con éxito ao teu público internacional é traballar cun experto lingüístico que comprenda as complexidades do teu sector.

Tanto se a actividade do teu negocio é a agricultura, a produción primaria de alimentos, a fabricación de produtos procesados ou a distribución en groso ou polo miúdo, a comercialización ou a restauración, escoitamos atentamente as túas necesidades para che ofrecer unha solución adaptada á túa empresa.

Axudámosche en todo tipo de proxectos:

  • Etiquetas de produtos, envases e embalaxes

  • Catálogos de productos

  • Folletos promocionais, campañas de márketing e anuncios

  • Certificacións de calidade, normativas internacionais

  • Políticas de almacenamento e conservación

  • Contratos comerciais e acordos legais

  • Documentos legais para a importación, exportación e distribución

  • Traducións relacionadas co comercio electrónico: tendas, páxinas de produtos

Como podes aforrar tempo e recursos?

Ocupámonos de traducir e localizar os teus contidos para ti poderes centrarte en facer crecer o teu negocio.
Elimina os custos e o estrés de ter que lidar con múltiples interlocutores ou coordinar equipos.
Un xestor de proxectos será o teu único punto de contacto do principio ao fin, para alcanzares os teus obxectivos en novos mercados.

O teu aliado de confianza

Axudámosche a crear unha conexión emocional entre o público e a túa marca en calquera idioma para manteres intacta a túa credibilidade noutros mercados.
Fai que os consumidores confíen na túa marca: aumentarás a súa lealdade e, por tanto, as túas vendas.

Para saberes como os nosos servizos poden impulsar o teu éxito, chámanos ou escríbenos un correo:

Por que Globalingua?

Vantaxes para os teus proxectos

  • Máis de 35 linguas
  • Tecnoloxía líder en tradución
  • Coñecemento do sector
  • Terminoloxía exacta
  • Adaptación cultural


Vantaxes para ti

  • Solución personalizada
  • Aforro de tempo e recursos
  • Rapidez e puntualidade
  • Honestidade e transparencia
  • Confidencialidade

Tranquilidade ante todo:
Non che pediremos os datos de pago nin tarxeta de crédito. Os teus datos persoais non se empregarán para enviar publicidade, boletíns nin campañas de márketing. Non recibirás correos non desexados nin serás engadido a ningunha lista. Só empregaremos a túa información para responder á túa consulta ou facilitarche o que solicitaches, nada máis.