ACCESIBILIDADE E LINGUAXE CLARA

Unha comunicación efectiva, ademais de persuadir, debe ser clara, accesible e respectuosa coa diversidade.

En Globalingua axudamos a organizacións públicas e privadas a transformar os seus contidos en ferramentas que informan, convencen e non exclúen.

Axudámosche na adaptación de textos, documentos, webs, materiais audiovisuais ou comunicacións oficiais para que cumpran cos criterios de:

  • Linguaxe clara: eliminamos tecnicismos innecesarios, simplificamos estruturas e melloramos a comprensión lectora sen perder precisión.

  • Accesibilidade cognitiva e dixital: garantimos que os teus contidos sexan útiles para persoas con dificultades de comprensión, lectura fácil ou lectores de pantalla.

  • Inclusión lingüística e cultural: adaptamos a túa comunicación para que conecte de forma respectuosa con públicos diversos.

Envíanos un texto, unha sección da túa páxina web ou documento, e realizaremos unha análise gratuíta de accesibilidade e claridade.

Enviarémosche un breve informe con recomendacións de boas prácticas para mellorares a comprensión e o alcance das túas comunicacións.

Se o prefires, axudámosche:

Este servizo está deseñado para institucións, empresas e equipos que desexan:

  • Cumprir a normativa de transparencia e accesibilidade.
  • Mellorar a experiencia dos seus usuarios e clientes.
  • Evitar ambigüidades, malentendidos ou exclusión involuntaria.
  • Reforzar a súa reputación como entidades responsables, claras e fiables.

Transmitir de forma clara e accesible supón unha gran vantaxe competitiva, pero tamén é un compromiso coa transparencia e a igualdade de oportunidades. Únete a este propósito.

×

Para saberes como os nosos servizos poden impulsar o teu éxito, chámanos ou escríbenos un correo:

Por que Globalingua?

Vantaxes para os teus proxectos

  • Máis de 35 linguas
  • Tecnoloxía líder en tradución
  • Coñecemento do sector
  • Terminoloxía exacta
  • Adaptación cultural


Vantaxes para ti

  • Solución personalizada
  • Aforro de tempo e recursos
  • Rapidez e puntualidade
  • Honestidade e transparencia
  • Confidencialidade

Tranquilidade ante todo:
Non che pediremos os datos de pago nin tarxeta de crédito. Os teus datos persoais non se empregarán para enviar publicidade, boletíns nin campañas de márketing. Non recibirás correos non desexados nin serás engadido a ningunha lista. Só empregaremos a túa información para responder á túa consulta ou facilitarche o que solicitaches, nada máis.

Globalingua

Preguntas
frecuentes

Que é o servizo de comunicación clara e accesible de Globalingua?

Por que é importante usar unha linguaxe clara na comunicación profesional?

Cales son os beneficios de adaptar os contidos a criterios de accesibilidade cognitiva e dixital?

Que significa a inclusión lingüística e cultural na comunicación?

A quen está dirixido este servizo de adaptación de contidos?

Como podo saber se os meus textos son claros e accesibles?

Que normativa ou estándares se aplican na comunicación accesible?

En que se diferencia Globalingua doutras consultoras de comunicación?

Como pode a comunicación inclusiva mellorar a reputación dunha empresa?

Como contratar o servizo ou solicitar unha análise gratuíta?