Globalingua

Política de Privacidade

1. Política de privacidade e protección de datos

Respectando o establecido na lexislación vixente, GLOBALINGUA TRANSLATION SL comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos en globalingua.eu (en diante, tamén Sitio Web).

Leis que incorpora esta política de privacidade:

Esta política de privacidade adáptase á normativa española e europea vixente en materia de protección de datos persoais en Internet.

Concretamente, respecta as seguintes normas:

O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD).

A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD-GDD).
A Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI-CE).

Identidade do responsable do tratamento dos datos persoais:

Os seus datos de contacto son os seguintes:
Enderezo: RÚA VOLUNTARIADO, 3 - PISO 2 OFICINA 41 - 15003 A CORUÑA
Teléfono de contacto: 699 016 773

Rexistro de datos de carácter persoal:

En cumprimento do disposto no RXPD e na LOPD-GDD, informámolo de que os datos persoais recollidos por GLOBALINGUA TRANSLATION SL mediante os formularios facilitados nas súas páxinas quedarán incorporados e serán tratados no noso ficheiro co fin de facilitar, axilizar e cumprir os compromisos establecidos entre GLOBALINGUA TRANSLATION SL e o Usuario, ou para manter a relación que se estableza nos formularios que este cubra, ou para atender unha solicitude ou consulta del.

Así mesmo, de acordo co disposto no RXPD e na LOPD-GDD, salvo que sexa aplicable a excepción prevista no artigo 30.5 do RXPD, mantense un rexistro de actividades de tratamento que especifica, segundo as súas finalidades, as actividades de tratamento levadas a cabo e as demais circunstancias establecidas no RXPD.

Principios aplicables ao tratamento dos datos persoais:

O tratamento dos datos persoais do Usuario estará suxeito aos seguintes principios recollidos no artigo 5 do RXPD e no artigo 4 e seguintes da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais:

Principio de licitude, lealdade e transparencia: requirirase en todo momento o consentimento do Usuario tras informalo de forma completamente transparente sobre os fins para os cales se recollen os datos persoais.

Principio de limitación da finalidade: os datos persoais serán recollidos con fins determinados, explícitos e lexítimos.

Principio de minimización de datos: os datos persoais recollidos só serán os estritamente necesarios en relación cos fins para os cales son tratados.

Principio de exactitude: os datos persoais deben ser exactos e estar sempre actualizados.

Principio de limitación do prazo de conservación: os datos persoais só serán mantidos de forma que se permita a identificación do Usuario durante o tempo necesario para os fins do seu tratamento.

Principio de integridade e confidencialidade: os datos persoais serán tratados de maneira que se garanta a súa seguridade e confidencialidade.

Principio de responsabilidade proactiva: O Responsable do tratamento será responsable de asegurar que se cumpran os principios anteriores.

Categorías de datos persoais:

Base legal para o tratamento dos datos persoais:

A base legal para o tratamento de datos persoais é o consentimento.

GLOBALINGUA TRANSLATION SL comprométese a obter o consentimento expreso e verificable do Usuario para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

O Usuario terá dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento.
Será tan fácil retirar o consentimento coma dalo.

Como regra xeral, a retirada do consentimento non condicionará o uso do Sitio Web.

Nas ocasións en que o Usuario deba ou poida facilitar os seus datos a través de formularios para realizar consultas, solicitar información ou por motivos relacionados co contido do Sitio Web, será informado no caso de que o enchemento dalgún deles sexa obrigatorio por seren imprescindibles para o correcto desenvolvemento da operación realizada.

Finalidades do tratamento a que se destinan os datos persoais:

Os datos persoais son recollidos e xestionados por GLOBALINGUA TRANSLATION SL co fin de facilitar, axilizar e cumprir os compromisos establecidos entre o Sitio Web e o Usuario, ou para manter a relación que se estableza nos formularios que este último cubra, ou para atender unha solicitude ou consulta.

Igualmente, os datos poderán ser utilizados cunha finalidade comercial de personalización, operativa e estatística, e actividades propias do obxecto social de GLOBALINGUA TRANSLATION SL, así como para a extracción e o almacenamento de datos, estudos de márketing para adecuar o Contido ofertado ao Usuario, e para mellorar a calidade, o funcionamento e a navegación do Sitio Web.

No momento en que se obteñan os datos persoais, o Usuario será informado acerca do fin ou fins específicos do tratamento a que se destinarán os datos persoais; é dicir, do uso ou usos que se dará á información recollida.

Períodos de retención de datos persoais:

Os datos persoais só serán retidos durante o tempo mínimo necesario para os fins do seu tratamento ou ata que o Usuario solicite a súa supresión.

No momento en que se obteñan os datos persoais, o Usuario será informado acerca do período durante o cal se conservarán os datos persoais ou, cando iso non sexa posible, os criterios utilizados para determinar ese prazo.

Destinatarios dos datos persoais:

Datos persoais de menores de idade:

Respectando o disposto nos artigos 8 do RXPD e 7 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, só os maiores de 14 anos poderán outorgar o seu consentimento para o tratamento lexítimo dos seus datos persoais de forma lícita por GLOBALINGUA TRANSLATION SL.
Se se trata dun menor de 14 anos, será preciso o consentimento dos pais ou titores para o tratamento, e este só se considerará lícito na medida en que eles o autorizasen.

Segredo e seguridade dos datos persoais:
GLOBALINGUA TRANSLATION SL comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos, de forma que se garanta a seguridade dos datos persoais e se evite a destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais transmitidos, conservados ou tratados doutra forma, ou a comunicación ou acceso non autorizado a tales datos.

Non obstante, debido a que non pode garantir a inexpugnabilidade de Internet nin a ausencia total de hackers ou outros que accedan de modo fraudulento aos datos persoais, o Responsable do tratamento comprométese a comunicar ao Usuario sen demora indebida cando ocorra unha violación da seguridade dos datos persoais que supoña probablemente un alto risco para os dereitos e liberdades das persoas físicas.

De acordo co artigo 4 do RXPD, enténdese por violación da seguridade dos datos persoais toda violación da seguridade que leve á destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais transmitidos, conservados ou tratados doutra forma, ou a comunicación ou acceso non autorizado a tales datos.
Os datos persoais serán tratados como confidenciais polo Responsable do tratamento, quen se compromete a informar de e garantir por medio dunha obriga legal ou contractual que esa confidencialidade sexa respectada polos seus empregados, asociados e toda persoa á cal lle faga accesible a información.

Dereitos derivados do tratamento dos datos persoais:

O Usuario ten sobre GLOBALINGUA TRANSLATION SL e, por tanto, poderá exercer fronte ao Responsable do tratamento os seguintes dereitos recoñecidos no RXPD e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais:

Dereito de acceso:

É o dereito do Usuario a obter confirmación por parte do Responsable do tratamento de se está a tratar ou non os seus datos persoais e, en caso afirmativo, a obter información acerca dos seus datos concretos de carácter persoal e do tratamento que teña realizado ou realice, así como, entre outras cousas, da información dispoñible sobre a orixe dos ditos datos e os destinatarios das comunicacións realizadas ou previstas dos mesmos.
Dereito de rectificación:

É o dereito do Usuario a se modificaren os seus datos persoais que sexan inexactos ou, tendo en conta os fins do tratamento, incompletos.

Dereito de supresión ("o dereito ao esquecemento"):

É o dereito do Usuario, sempre que a lexislación vixente non estableza o contrario, a obter a supresión dos seus datos persoais cando estes xa non sexan necesarios para os fins para os cales foron recollidos ou tratados, o Usuario teña retirado o seu consentimento para o tratamento e este non conte con outra base legal, o Usuario se opoña ao tratamento e non exista outro motivo lexítimo para continuar con el, os datos persoais teñan sido tratados ilicitamente, os datos persoais deban suprimirse en cumprimento dunha obriga legal ou os datos persoais teñan sido obtidos como resultado dunha oferta directa de servizos da sociedade da información a un menor de 14 anos.

Alén de suprimir os datos, o Responsable do tratamento, tendo en conta a tecnoloxía dispoñible e o custo da súa aplicación, deberá adoptar medidas razoables para informar os responsables que estean tratando os datos persoais da solicitude do interesado de supresión de calquera ligazón a eses datos persoais.

Dereito á limitación do tratamento:
É o dereito do Usuario a limitar o tratamento dos seus datos persoais.

O Usuario ten dereito a obter a limitación do tratamento cando impugne a exactitude dos seus datos persoais; o tratamento sexa ilícito; o Responsable do tratamento xa non precise os datos persoais, pero o Usuario os necesite para facer reclamacións, e cando o Usuario se teña oposto ao tratamento.

Dereito á portabilidade dos datos:
No caso de que o tratamento se efectúe por medios automatizados, o Usuario terá dereito a recibir do Responsable do tratamento os seus datos persoais nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento.

Sempre que sexa tecnicamente posible, o Responsable do tratamento transmitirá os datos directamente a esoutro responsable do tratamento.

Dereito de oposición:

É o dereito do Usuario a que no se leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese o seu tratamento.

Dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís:

É o dereito do Usuario a non ser obxecto dunha decisión individual baseada unicamente no tratamento automatizado dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís, existente salvo que a lexislación vixente dispoña o contrario.
Así pois, o Usuario poderá exercer os seus dereitos enviando unha comunicación escrita ao Responsable do tratamento coa referencia "RXPD-", especificando:

Nome, apelidos do Usuario e copia do DNI.

Nos casos en que se admita a representación, será tamén preciso identificar polo mesmo medio a persoa que representa ao Usuario, así como o documento que acredite a representación.
A fotocopia do DNI poderá ser substituída por calquera outro medio válido en dereito que acredite a identidade.
Petición cos motivos específicos da solicitude ou da información a que se quere acceder.

Enderezo para os efectos das notificacións.

Data e sinatura do solicitante.

Todo documento que acredite a petición que formula.

Esta solicitude e calquera outro documento anexado poderán enviarse ao seguinte enderezo:
Enderezo postal: RÚA VOLUNTARIADO, 3 - PISO 2 OFICINA 41 - 15003 A CORUÑA

Ligazóns a sitios web de terceiros:

O Sitio Web pode incluír hipervínculos ou ligazóns que permiten acceder a páxinas web de terceiros distintos de GLOBALINGUA TRANSLATION SL e que, por tanto, non son operadas por esta.

Os titulares deses sitios web dispoñerán das súas propias políticas de protección de datos e eles mesmos serán responsables, en cada caso, dos seus propios ficheiros e prácticas de privacidade.

Reclamacións ante a autoridade de control:

No caso de que o Usuario considere que existe un problema ou unha infracción da normativa vixente na forma como se están tratando os seus datos persoais, terá dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control, en particular, no Estado en que teña a súa residencia habitual, o seu lugar de traballo ou o lugar da suposta infracción.

No caso de España, a autoridade de control é a Axencia Española de Protección de Datos (http://www.agpd.es).

2. Aceptación e cambios nesta política de privacidade

É preciso que o Usuario lea e acepte as condicións sobre a protección de datos de carácter persoal contidas nesta política de privacidade, así como o tratamento dos seus datos persoais para que o Responsable do tratamento poida proceder a este na forma, durante os prazos e para os fins indicados.

O uso do Sitio Web implicará a aceptación da súa política de privacidade.

GLOBALINGUA TRANSLATION SL resérvase o dereito de modificar a súa política de privacidade, segundo o seu propio criterio, ou motivado por un cambio lexislativo, xurisprudencial ou doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos.

Os cambios ou actualizacións desta Política de Privacidade non se notificarán explicitamente ao Usuario.

Recoméndase ao Usuario que consulte esta páxina periodicamente para se manter informado dos últimos cambios ou actualizacións.

Esta política de privacidade foi actualizada para cumprir co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.