INTERPRETACIÓN DE EVENTOS

En Globalingua axudámosche a que o teu evento sexa un éxito con intérpretes profesionais especializados en conferencias, reunións de traballo, acompañamento en visitas, negociacións ou conferencias.

Poñémoscho moi fácil

Axudámosche en calquera situación en que participen persoas que falan linguas diferentes: reunións, congresos, visitas a fábricas, eventos culturais, exposicións, misións comerciais, etc.

Tamén che facilitamos o equipamento e o material necesarios para o servizo (cabinas, auriculares, receptores), así como os profesionais técnicos.

Escolle o teu servizo:

  • interpretación simultánea, onde os intérpretes transmiten a mensaxe noutro idioma desde a cabina en tempo real;
  • interpretación consecutiva, na cal os intérpretes toman notas mentres o orador fala e traducen a mensaxe a outra lingua tras a súa intervención;
  • interpretación murmurada, en que a mensaxe se lle transmite ao interlocutor ao oído mentres o orador fala.

Para saberes como os nosos servizos poden impulsar o teu éxito, chámanos ou escríbenos un correo:

Que pensan os nosos clientes?

ONEKEG

Excelentes profesionales. Cuando acudes a un servicio de interpretación en vivo lo que buscas realmente es que apenas se note el trabajo que éste realiza. Los profesionales de Globalingua sin duda, saben hacer su trabajo. Durante 3 días contamos con un interprete de chino que hizo a la perfección su labor implicándose al 100% en el trabajo encargado.


Por que Globalingua?

Vantaxes para os teus proxectos

  • Máis de 35 linguas
  • Tecnoloxía líder en tradución
  • Coñecemento do sector
  • Terminoloxía exacta
  • Adaptación cultural


Vantaxes para ti

  • Solución personalizada
  • Aforro de tempo e recursos
  • Rapidez e puntualidade
  • Honestidade e transparencia
  • Confidencialidade

Tranquilidade ante todo:
Non che pediremos os datos de pago nin tarxeta de crédito. Os teus datos persoais non se empregarán para enviar publicidade, boletíns nin campañas de márketing. Non recibirás correos non desexados nin serás engadido a ningunha lista. Só empregaremos a túa información para responder á túa consulta ou facilitarche o que solicitaches, nada máis.