
Comunicación, cultura e marca no Net Brunch Vigo
Marzo 14, 2026Workshop sobre a IA e colaboración transfronteiriza
O martes 17, coorganizamos o workshop «IA Aplicada, Inovação e Cooperação Transfronteiriça» xunto co Centro de Inovação de Cerveira (CIC), un espazo onde empresas e expertos reflexionamos sobre como a intelixencia artificial, a comunicación estratéxica e a adaptación cultural están redefinindo a internacionalización.
A sesión contou con contribucións fundamentais sobre o uso da IA aplicada aos negocios, da man de Pablo Gajino, de Possible, e de Rui Mendes e Nuno Beires (DareData), que compartiron como a tecnoloxía está transformando o modo de entender os mercados e de tomar decisións. Compartiron ferramentas concretas para analizar datos, axilizar ou automatizar procesos, e escalar en ámbitos internacionais.
A mesa redonda, moderada por Xosé Luis Reza, contou coa participación de Iago González (inCentea), Raquel Torres (Hifas da Terra), Karina Coballes (Coballes), Nuno Costa (NM3D Ibérica), José Salgado Figueira (ISQ Group) e Pedro Mimoso (PIEP), que compartiron éxitos, desafíos e experiencias reais de crecemento internacional.
Para terminar, desde Globalingua puxemos o foco nun aspecto esencial: a comunicación como panca estratéxica para se posicionar e xerar confianza nos mercados internacionais. Porque a internacionalización non é só unha cuestión do produto, senón de como se comunica de forma eficaz e adaptada á cultura de cada mercado.
Grazas ao Centro de Inovação de Cerveira, ao Palco das Artes, que nos acolleu, a Elisabete Montenegro, pola súa proximidade e profesionalidade, e especialmente a todos os conferenciantes e asistentes por faceren posible este tipo de iniciativas e xeraren sinerxías entre Galicia e o norte de Portugal. Da nosa parte, continuaremos promovendo espazos de colaboración que fortalezan o crecemento conxunto das nosas empresas.
Grazas, grazas e grazas.















































