
Promovendo Galicia ao mundo dende Vigo
Outubro 3, 2025
ELIA Together 2026 no Porto
Febreiro 21, 2026Promovendo Galicia ao mundo dende A Coruña
O 26 de novembro de 2025, celebramos a segunda edición de «Impulsando Galicia ao mundo», un encontro centrado na importancia da comunicación, a internacionalización e a IA como motores de crecemento para as empresas galegas.
A xornada, coorganizada coa Cámara de Comercio da Coruña, reuniu profesionais e empresas para compartir experiencias e reflexionar sobre os retos e oportunidades da internacionalización empresarial.
Durante o evento, María Blanco Álvarez achegou unha visión centrada na dimensión cultural da internacionalización, salientando a importancia de comprender o mercado e conectar co público obxectivo desde un enfoque emocional.
A sesión contou coa moderación de Xosé Luis Reza Pérez, que dirixiu un panel enfocado en experiencias reais de expansión internacional.
Neste panel participaron Maite Valiño Borrego (Grupo Atlante), Gabriel Taibo Piñeiro (Genesal Energy), Ana María Suáñez (LOGISTICA VANTRANS SL) e Sonia Atanes Rozas (Texas Controls), que compartiron as súas aprendizaxes, desafíos e boas prácticas no proceso de saída ao exterior.
Pola súa parte, Javier Martínez Torres impartiu un obradoiro práctico sobre intelixencia artificial aplicada no cal se abordou o seu papel como elemento clave de competitividade e como activo estratéxico nos procesos de innovación empresarial. Unha GRANDE oportunidade para quen queira innovar con sentido.
En Globalingua sabemos que a internacionalización só é posible cando a comunicación está ben pensada, ben traducida e ben adaptada culturalmente. E vermos tantas empresas e profesionais apostando por iso en Galicia xa é unha enorme motivación.
Da nosa parte, continuaremos traballando para acompañar as empresas galegas na súa expansión polo mundo!
























