
Promovendo Galicia ao mundo dende Vigo
Outubro 3, 2025Globalingua nos Networking Days de ELIA en Budapest
A nosa compañeira Nuria Castro Gay asistiu aos Networking Days de ELIA (European Language Industry Association), celebrados esta semana en Budapest, un encontro clave para os profesionais do sector dos servizos lingüísticos.
Este evento reúne CEO, executivos e expertos en innovación para trocar coñecementos, ideas e estratexias arredor do presente e o futuro da industria, e é considerado como un dos principais puntos de conexión en toda Europa.
Ademais, esta edición tivo un significado especial ao se conmemorar o 20.º aniversario de ELIA, dúas décadas marcadas pola colaboración, a evolución do sector e o impulso dunha comunidade internacional cada vez máis conectada.
En Globalingua entendemos que o crecemento se constrúe a través das relacións e do intercambio de coñecementos, polo que participarmos neste tipo de encontros resulta fundamental para seguirmos fortalecendo lazos con colegas e colaboradores do sector.
Grazas a ELIA pola organización do evento e a todas as persoas con quen tivemos a oportunidade de conectar durante estes días en Budapest.














