
Impulsando Galicia ao mundo desde Ferrol
Marzo 12, 2026
Workshop sobre a IA
Marzo 18, 2026Comunicación, cultura e marca no Net Brunch Vigo
O 13 de marzo, Globalingua participou nunha nova edición do Net Brunch Vigo, organizado por Neting Impulsa Vigo no Real Club Náutico de Vigo, un encontro centrado no networking empresarial e o intercambio de ideas no tecido empresarial galego.
Durante a xornada, Nahir Lourenco impartiu a charla «Comunicar en Galicia: cultura, confianza e marca», na cal abordou un aspecto clave para as empresas: como a comunicación inflúe directamente na percepción e a confianza que xera unha marca.
Ao longo da intervención, analizamos cuestións coma o impacto das diferenzas culturais na comunicación empresarial, tanto dentro como fóra de Galicia; o valor do galego como elemento diferencial capaz de aproximar e humanizar unha marca; a influencia dos erros na web e nos materiais corporativos sobre a credibilidade, e a importancia da accesibilidade e dunha comunicación clara para chegar de forma efectiva a todos os públicos.
O encontro puxo de relevo que comunicar non é só transmitir información, senón construír relacións de confianza, un factor determinante para calquera empresa con vocación de crecemento.
Grazas á organización e a todas as persoas asistentes por nos acompañaren e contribuíren a crear un espazo de reflexión e conexión arredor da comunicación empresarial.
























