Tradución e interpretación


Dámosche a nosa palabra

QUEN SOMOS

PROFESIONAIS CUNHA AMPLA EXPERIENCIA EN TRADUCIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS MULTILINGÜES. OFICINAS EN VIGO E NA CORUÑA

Somos unha empresa de servizos lingüísticos formada por profesionais con distintas linguas maternas e cunha ampla experiencia en distintos eidos da tradución e da xestión de proxectos multilingües.

Comezamos a nosa andaina no 2013 en Vigo. Dende entón, fomos ampliando o noso equipo de tradutores e contamos tamén cunha oficina na Coruña. O noso principal obxectivo durante este tempo foi axudar os nosos clientes a superar as barreiras lingüísticas ás que se enfrontan nun mundo globalizado.

Na nosa metodoloxía de traballo, apostamos pola tecnoloxía para ofrecer beneficios reais aos nosos clientes e para lograr un proceso de produción de calidade, rápido e competitivo.

A nosa experiencia é garantía dun servizo altamente especializado, flexible e adaptado ás túas necesidades. O noso éxito é o teu éxito.

OS NOSOS SERVIZOS

AS ÚLTIMAS TECNOLOXÍAS PERMÍTENNOS REDUCIR CUSTOS E OFRECER UN SERVIZO RÁPIDO E DA MÁXIMA CALIDADE.

O lanzamento dun produto ou dunha campaña require unha inversión previa de tempo e de cartos moi prezada para os nosos clientes. Cando chega ao mercado ou ás institucións internacionais, é importante que a mensaxe que se quere transmitir sexa precisa e que non se bote a perder debido a un mal uso da lingua.

Tradución

O noso equipo de tradutores está formado por profesionais con distintas linguas maternas e conta cunha ampla experiencia en áreas como a tradución xurídica, técnica, institucional ou de marketing e publicidade.

Non importa a extensión ou a complexidade técnica do documento que necesites traducir: Globalingua ocúpase de todo o ciclo de vida da túa documentación e dos teus contidos multilingües.

Interpretación

Que os idiomas non supoñan unha barreira nas túas comunicacións! Prestamos servizos de interpretación simultánea en cabina e de interpretación consecutiva. A nosa flexibilidade permite unha completa mobilidade dos nosos profesionais, que poderán acompañarte nas túas viaxes, feiras ou reunións con clientes estranxeiros se precisas un mediador lingüístico e cultural de confianza.

Tradución xurada

Nalgunhas ocasións, as autoridades esixen traducións ou interpretacións xuradas que certifiquen un documento como unha tradución fidedigna dun texto orixinal. Estas traducións debe realizalas, asinalas e selalas un tradutor xurado de español habilitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores do Goberno de España ou un tradutor xurado de galego habilitado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. As traducións xuradas poden ser necesarias para documentos como contratos, escrituras, poderes, validacións de títulos e de expedientes académicos, certificados de matrimonio, partidas de nacemento, etc.

Revisión e corrección

A calidade dunha tradución determina en boa medida o éxito da túa empresa no mercado ou a axilidade de certos trámites nas institucións. Non importa a extensión ou a complexidade técnica do documento: en Globalingua estamos comprometidos cun servizo profesional, coñecemos e adaptámonos ás particularidades culturais e ao estilo da linguaxe en función do tipo e do obxectivo do texto.

COMO TRABALLAMOS

GARANTIMOS A CALIDADE E A PUNTUALIDADE NOS NOSOS PROXECTOS DESEÑANDO UNHA SOLUCIÓN Á MEDIDA.

En Globalingua, aprendemos da nosa experiencia que o mellor resultado para os nosos clientes depende sempre de deseñarmos a mellor solución á medida. Para garantir a calidade e mais a puntualidade do noso traballo, aplicamos un sistema de xestión moi meticuloso para desbotar calquera posibilidade de erro.

Ofrecemos un servizo de tradución integral para cubrir todas as túas necesidades:

Multidisciplinar: Seleccionamos un equipo de tradutores e revisores especializados con coñecementos e con experiencia previa na área do teu proxecto para asegurar a calidade da tradución.

Innovador: O uso de memorias de tradución permítenos traducir cada segmento unha única vez, de xeito que aplicamos descontos nas repeticións, xa sexan totais ou parciais. Desta maneira, reducimos os custos do teu proxecto e, ademais, os prazos de entrega.

Personalizado: Elaboramos unha base de datos terminolóxica que asegura a coherencia terminolóxica de todas as túas encargas.

ORZAMENTO

SABEMOS QUE CADA EMPRESA OU NEGOCIO É DIFERENTE. POR ISO, FAREMOS UNHA ANÁLISE ADAPTÁNDONOS ÁS TÚAS NECESIDADES. PONNOS A PROBA.

TRABALLA CONNOSCO

PROFESIONALIDADE, COMPROMISO E TRABALLO EN EQUIPO SON OS VALORES QUE BUSCAMOS NUN COLABORADOR.

Contacto

info@globalingua.eu

Vigo

Rúa Velázquez Moreno, 29 - 3.ºA
36202 Vigo (Pontevedra)
Tel. 886 124 234

A Coruña

Calle Voluntariado, n.º 3, local 41,
15003 A Coruña
Tel. 881 067 488